Bill Gates
William Henry "Bill" Gates III, nado en Seattle (estado de Washington) o 28 de outubro de 1955, é un informático, empresario e filántropo estadounidense. Gates foi director xeral e actualmente é presidente de Microsoft, a compañía de software que fundou xunto con Paul Allen.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e comezos
[editar | editar a fonte]Seu pai, William H. Gates II, era un avogado de Seattle e a súa nai, Mary Gates, profesora da Universidade de Washington e presidenta de United Way International. Gates realizou os seus estudos primarios na escola privada Lakeside School onde comezou a interesarse no software e comezou a programar ordenadores aos 13 anos.
Estudos universitarios
[editar | editar a fonte]En 1973, Gates entrou en Harvard onde coñeceu Steve Ballmer, actual Director Xeral (en inglés «chief executive») de Microsoft. Mentres estaba en Harvard, Gates desenvolveu un compilador para a linguaxe de programación BASIC destinada o primeiro microordenador, o MITS Altair.
A creación de Microsoft
[editar | editar a fonte]En 1975 funda co seu amigo da infancia Paul Allen a empresa de informática Microsoft. Inicialmente cada un tiña o metade das accións da compañía aínda que logo Gates obtivo maiores cotas de poder. Microsoft adquire a unha empresa chamada Seattle Computer o QDOS (Quick and Dirty Operating System, sistema operativo rápido e sucio) que renomea como MS-DOS e vende a IBM coma sistema operativo do primeiro PC, obtendo unha parte de beneficio por cada copia que se vendese co IBM-PC e conservando Microsoft os dereitos para licenciar o sistema a terceiras compañías.
En 1995 a súa compañía presenta o sistema operativo Windows 95.
O home con máis diñeiro do mundo
[editar | editar a fonte]En 1996, a revista Forbes colócao primeiro na súa lista de persoas máis ricas do mundo, cunha fortuna aproximada de 18.500 millóns de dólares. En 1997 a súa fortuna é a segunda do mundo, sendo de 36.400 millóns de dólares. En 1998 recuperou o primeiro posto, cunha fortuna estimada ese ano como de 51.000 millóns de dólares. En 1999 a súa fortuna continúa sendo a primeira, concretamente de 90.000 millóns de dólares triplicando o terceiro na lista, o seu amigo e cofundador de Microsoft Paul Allen. En 2000 a súa fortuna calculábase en 60.000 millóns de dólares.
Bill & Melinda Gates Foundation
[editar | editar a fonte]Gates casou con Melinda French o 1 de xaneiro de 1994 coa que ten tres fillos: Jennifer Katharine Gates (nada o 26 de abril de 1996), Rory John Gates (nado o 23 de maio de 1999) e Phoebe Adele Gates (nado o 14 de setembro de 2002).
En xaneiro do 2000 Gates fundou coa súa esposa a Bill & Melinda Gates Foundation, unha organización sen ánimo de lucro destinada levar os avances tecnolóxicos a todo o mundo, abrir bibliotecas públicas, loitar contra as enfermidades máis estendidas... a fundación ten a súa sede en Seattle, Washington.
Obra
[editar | editar a fonte]Bill Gates publicou dous libros:
- The Road Ahead (1995)
- Business @ the Speed of Thought (1999), traducido a 25 idiomas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Bill Gates |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bill Gates |